COMEZA A COMPETICIÓN MASCULINA NO ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020

  • A mellor onda da mañá foi para  Arran  Strong, con 8,67 puntos sobre 10.

  • Call para categoría feminina ás 16:00 h. 

Hoxe comezou a competición para a categoría masculina no ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 da mellor maneira posible. As condicións de ondas continuaron favorables e o clima acompañou durante esta primeira parte da xornada.

Os competidores souberon aproveitar as oportunidades que lles brindaron as ondas para conseguir o pase á segunda rolda e deixaron grandes actuacións como a de Arran  Strong (INGLATERRA) , que conseguiu a mellor onda da mañá con 8,67 puntos sobre 10.

Destacou tamén hoxe o surfeiro canario Jonathan González, que conseguiu dúas ondas de 8 puntos cada unha, obtendo unha puntuación total de 16 puntos, a máis alta do campionato ata o momento. Comentaba que sente moi tranquilo e cómodo en Pantín, abrigo ao ver que a xente esta respectando as normas de seguridade e con tan boas condicións de ondas para seguir avanzando na competición.

Sobresaíndo tamén nesta primeira mañá de competición masculina, un clásico de Pantín, Dani García, que dominou na súa manga obtendo o merecido pase á segunda rolda.

Ata o momento disputáronse as 11 primeiras mangas da rolda inicial e a falta de 5 mangas para terminala, os primeiros clasificados para a segunda son Iker Trigueros (ESPAÑA), José  Champalimaud (PORTUGAL), Hans Odriozola (ESPAÑA), Miguel  Marrero (ESPAÑA), Carlos Vázquez (ESPAÑA), Leo Etienne (FRANCIA), Pablo Garay (ESPAÑA), Pelayo Suárez (ESPAÑA),  Nicolas Guimond (FRANCIA), Nanook Ballerin (FRANCIA), Gabriel Ribeiro (PORTUGAL), León Aguzurra (ESPAÑA), Mario Rasines (ESPAÑA), Lucas Mir (ESPAÑA), Xabier López (ESPAÑA), Paolo Giorgi (ILLAS CANARIAS),  Bitor Garitaonandia (ESPAÑA) e Toni Castro (ESPAÑA).

categoría feminina tomará a substitución a partir das 16:00h coa terceira rolda.

Ademais, hoxe xoves a partir das 18:30h, comezará a proxección de películas no recinto do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020. Non cho podes perder!

Deixa un comentario