A 35ª EDICIÓN DO ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO CO CONCURSO FEMININO

  • A bretona Alys Barton consegue a mellor puntuación total da mañá con 14,56 puntos.
  • As surfistas Lucía Martiño, Annette González Etxabarri e Tebbace Lilias pasan á segunda rolda.

A categoría feminina foi a encargada de abrir o concurso da 35 edición do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022.

Durante a mañá completouse a primeira volta, coa británica Alys Barton como protagonista, ao conseguir, na súa primeira serie, a máxima puntuación acumulada da mañá, 14,56 puntos. Xunto a ela pasan á segunda rolda Eveline Hooft (Países Bajos), Annette González Etxabarri (País Vasco), Hina-María Conradi (Francia) e Camilla Kemp (Alemaña).

Camilla Kemp amosou a súa ilusión por volver competir en Pantín. “Está moi ben comezar a tempada aquí, as previsións de ondas son moi boas para estes días, teño moitas ganas de seguir”.

A nova promesa canaria Lucía Machado foi líder na súa serie e segue na competición. “Estou moi contenta de pasar a miña primeira serie, as condicións están mellorando polo momento”, dixo. Tebbace Lilias, de Marrocos, tamén amosou a súa emoción por estar de volta en Pantín e “aínda que as condicións foron complicadas, é un pracer competir aquí”, engadiu.

A partir das 18.00h, a acción volve á cita da World Surf League (WSL), coa categoría masculina.

Deixa un comentario