A TRES DÍAS PARA O COMEZO DA CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022

  • Máis de 250 surfistas júnior reúnense na Praia de Doniños.
  • Galicia, destino preferente para o deporte internacional.

A falta de 3 días para que comece a segunda edición de CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022, as expectativas son máis altas que nunca ante a garantía dun alto nivel deportivo para o evento, que reunirá a máis de 250 novas promesas da costa galega. surfeando.
 
Na Praia de Doniños, referente do surf internacional, acollerá os días 9 e 10 de maio as Probas Galegas, cuxos primeiros e segundos clasificados, tanto en categoría masculina como feminina, obterán un pase para participar na proba da WSL.
 
E o 11 de maio comezará a acción coa disputa do evento World Junior Tour da World Surf League (WSL).
 
Pero a Praia de Doniños non só acollerá o mellor surf. Do 9 ao 15 de maio poderase gozar dunha gran variedade de actividades paralelas, food trucks, rampla de skate, proxeccións, ludoteca e diferentes stands.

CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022 reforzará así, un ano máis, a imaxe de Galicia como destino preferente para o deporte e o turismo internacional, ademais de actuar como promotor do deporte entre as xeracións máis novas.
 
 

Deixa un comentario