Cabreiroá Eco-Logic, a aposta pola sustentabilidade no ABANCA Galicia Classic Surf Pro

Como parte das actividades presentes este ano no ABANCA Galicia Classic Surf Pro, a marca de augas  Cabreiroá xunto a  Good  Karma  Projects despregaron unha caseta  Cabreiroá Eco- Logic onde se ofrecerán diferentes actividades, como talleres e charlas, para formar e espertar, tanto en visitantes, surfeiras como en  longboarders, unha mentalidade máis sustentable. 

@ClassicSurfPro
@ClassicSurfPro

Asistentes e deportistas poderán participar nestas actividades desde esta semana ata o domingo día 1 de setembro. Son abertas ao público e incluirán actividades que van desde á ‘Limpeza de praia!’, como un ‘Taller de reciclaxe de plástico’ ou de ‘Como facer a túa propia cera natural’. 

Tamén se realizarán mesas redondas, de concienciación sobre a protección ambiental, e proxectaranse películas e documentais relacionadas coa ecoloxía.

Pódese consultar o programa e os horarios na web www.classicsurfpro.com, na sección ‘Eco- logic’.

Deixa un comentario