A elite do surf internacional chega do **25 ao 29 de xuño** con un evento único que combina deporte, música, medioambiente e cultura urbana.
As Cabazas será unha festa de surf, cinco días de adrenalina, espectáculo na auga e experiencias inesquecibles: **campionato internacional de surf**, **concertos**, **foodtrucks**, zona **market**, **baptismos de surf e skate** e un **campionato de skate** con premios en metálico.
Como novidade deste ano, o campionato dá un salto cualitativo ao incorporar a celebración dunha proba do circuíto mundial **Junior WSL JQS** (sub‑21), que se sumará á xa tradicional competición, tamén de ámbito internacional, de **Longboard LQS**, a modalidade máis clásica e elegante do surf. A estas dúas probas internacionais, súmanse tamén uns **trials galegos para o JUNIOR PRO**, nos que xoves deportistas da nosa comunidade poderán conseguir as ansiosas **wildcards** (2 rapaces e 2 rapazas) que lles darán o pase directo á competición principal cos mellores do mundo. As **inscricións** para os **TRIALS JUNIOR PRO** abriranse na páxina oficial da FGSurf o 5 de xuño.
A celebración do **”Gadis Surf Festival Ferrol”** coincide coa reapertura do **Camping As Cabazas** situado nas inmediacións.
Na pasada edición, foron varios **miles de persoas** os que se achegaron á celebración deste campionato que vai moito máis alá da competición.
– Concertos en directo con actuacións de artistas e bandas que poñerán ritmo ao espectacular solpor que se desfruta desde esta localización. Entre eles destaca a esperada actuación de **Smile**, a banda indie rock orixinaria de Getxo que xera un auténtico ambiente de festa en todos os seus espectáculos.
– **Zona market** con produtos artesanais e únicos, tatuaxes, moda surf, xoiería artesanal sostible e marcas locais.
– **Oferta gastronómica** na zona de foodtrucks.
– **Baptismos de surf e skate** gratuítos para quen queira iniciarse nestes deportes con monitores especializados.
– E como gran novidade, un **Campionato de Skate** que atraerá riders de toda a rexión, con premios en metálico e exhibicións de alto nivel.



NOVAS DO GADIS SURF FESTIVAL FERROL




CAMPEONATO DE SKATE EN PARALÉLO Á COMPETICIÓN



MARKET CON MARCAS EMERGENTES RELACIONADAS CO SECTOR



PROGRAMA GADIS SURF FESTIVAL FERROL 2025

MÉRCORES 25 DE XUÑO:

08:00h Comezo dos TRIAIS clasificatorios para o campionato WSL JQS (sub-20)
10:00h Apertura da área de SKATE e Espazo de Conciliación PLAN CORRESPONSABLES.
14:00h Finais dos TRIAIS e entrega de WILDCARDS para o WSL JQS.

XOVES 26 DE XUÑO:

08:00h Comezo do segundo día de competición LQS + JQS WSL.
10:00h Apertura da área de SKATE e Espazo de Conciliación PLAN CORRESPONSABLES.
16:30h Bautismos de surf gratuítos por JAEL XOIARÍA.
19:00h Remata o segundo día de competición.
19:30h Concerto “AUM REGGAE".

VENRES 27 DE XUÑO:

09:00h Comezo do campionato WSL.
10:00h Apertura da área de SKATE e Espazo de Conciliación PLAN CORRESPONSABLES.
16:30h Bautismos de surf gratuítos por JAEL XOIARÍA.
15:30h SKATE Presentado por PARQUE FERROL.
19:00h Fin da xornada de competición.
19:30h Concerto “EDU CALVARIO”



SÁBADO 28 DE XUÑO:

09:00h Comezo do campionato WSL.
10:00h Apertura da área de SKATE e Espazo de Conciliación PLAN CORRESPONSABLES.
16:30h Bautismos de surf gratuítos por JAEL XOIARÍA.
17:00h DJ SANTISO no Stand Ópticas Noroeste
19:00h Fin da xornada de competición.
19:30h Concerto “SMILE”

DOMINGO 29 DE XUÑO:

09:00h Comezo do campionato WSL
10:00h Apertura da área de SKATE e Espazo de Conciliación PLAN CORRESPONSABLES.
16:30h Bautismos de surf gratuítos por JAEL XOIARÍA.
17:00h Fin da xornada de competición.
18:00h Entrega de premios




Condiciones generales de participación (descargar)

 

PATROCINADORES CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO 2024