
INFORMACIÓN XERAL WSL EDOMMO JUNIOR PRO RAZO 2025 PRESENTED BY ESPAZO NATURE
A praia de Razo, na Coruña, converterase no punto de encontro do surf mundial do 24 ao 27 de setembro na quinta edición do EDOMMO JUNIOR PRO RAZO.
O EDOMMO JUNIOR PRO RAZO 2025 PRESENTED BY ESPAZO NATURE – WORLD SURF LEAGUE
O Junior Tour é o punto de partida para o Championship Tour. Os mellores mozos talentos do deporte compiten nas súas respectivas rexións por un lugar no prestixioso WSL Junior Championships. Só 2 rapazas e 2 rapaces de cada rexión pasarán á gran final de rexións (WSL Junior Championships) que se celebrará no mes de xaneiro (localización aínda por determinar).
Nesta proba non só se coroarán os campións da mesma senón que tamén se coroarán os campións da rexión de Europa.
Os gañadores do WSL Junior Championships únense a unha distinguida lista de campións anteriores e reciben cobizadas invitacións para participar directamente en eventos da Challenger Series.
MÁIS CA SURF…
Durante os días de competición, lévanse a cabo diversas actividades paralelas, e os asistentes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades na zona de lecer como a rampla de Skate, zona de consumo, stands, obradoiros sostibles e espazo de conciliación con bautismos de surf e Skate.
O evento é unha celebración do surf e da cultura local nunha das costas máis fermosas de Galicia.

INFORMACIÓN PARA COMPETIDORES EDOMMO JUNIOR PRO RAZO 2025
EVENTO WSL: (Evento principal WSL) 24 agosto – 27 setembro 2025

PROGRAMA EDOMMO JUNIOR PRO RAZO
MÉRCORES 24 DE SETEMBRO:
| 09:00h | Inicio do primeiro día de competición. |
| 10:00h | Apertura da área de skate e Espazo Conciliación CORRESPONSABLES |
| 12:00h | Presentación oficial do evento en Espazo Nature (Aloxamento oficial do evento) Apertura de Stands e Market |
| 19:00h | Remata a primeira xornada |
XOVES 25 DE SETEMBRO:
| 09:00h | Inicio da competición. |
| 10:00h | Apertura da área de skate e Espazo Conciliación CORRESPONSABLES |
| 11:00h | Visita escolar |
| 12:00h | Apertura de Stands e Market |
| 19:00h | Remata a xornada |
VENRES 26 DE SETEMBRO:
| 09:00h | Inicio da competición. |
| 10:00h | Apertura da área de skate e Espazo Conciliación CORRESPONSABLES |
| 11:00h | Visita escolar |
| 12:00h | Apertura de Stands e Market |
| 16:00h | Bautismo de surf |
| 19:00h | Remata a xornada |
SÁBADO 27 DE SETEMBRO:
| 09:00h | Inicio da competición. |
| 10:00h | Apertura da área de skate e Espazo Conciliación CORRESPONSABLES |
| 11:30h | Bautismo de surf |
| 12:00h | Apertura de Stands e Market |
| 18:00h | Entrega de premios |














