CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO GAL

INFORMACIÓN XERAL WSL CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO CAIÓN 2024

A praia de Razo, na Coruña, converterase no punto de encontro do surf mundial do 24 ao 28 de setembro durante a quinta edición do CABREIROÁ JUNIOR PRO.

O CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO 2024 – WORLD SURF LEAGUE

O Junior Tour é o punto de partida para o Championship Tour. Os mellores talentos novos do deporte compiten nas súas respectivas rexións por un lugar nos prestixiosos WSL Junior Championships. Só 2 rapazas e 2 rapaces de cada rexión pasarán á gran final de rexións (WSL Junior Championships), que se celebrará no mes de xaneiro (ubicación aínda por determinar).
Neste evento non só se coroarán os campións da proba, senón tamén os campións da rexión de Europa.
Os gañadores dos WSL Junior Championships únense a unha lista distinguida de antigos campións e reciben invitacións para participar directamente nos eventos da Challenger Series.

MÁIS QUE SURF…

Durante os días de competición, levaranse a cabo diversas actividades paralelas, e os asistentes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades na zona de lecer, como a rampla de skate, zona de consumo, postos, obradoiros sostibles e un espazo de conciliación con bautismos de surf e skate.

O evento é unha celebración do surf e da cultura local nunha das costas máis fermosas de Galicia.

 

INFORMACIÓN PARA COMPETIDORES CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO 2024

PROBAS CLASIFICATORIAS: (Evento rexional) 24 de setembro

EVENTO WSL: (Evento principal WSL) 25 de agosto – 28 de setembro de 2024

 

PROGRAMA CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO 2024

MARTES 24 DE SETEMBRO DE 2024

JUNIOR PRO RAZO 2024

09:00h Comezo Triais Clasificatorios para o reparto de WILCARDS
10:00h Apertura rampla Skate e Espazo Conciliación do Plan Corresponsables (Xunta de Galicia)
18:00h Entrega de WILCARDS para a proba principal WSL Junior Tour

MÉRCORES 25 DE SETEMBRO DE 2024

JUNIOR PRO RAZO 2024

09:00h Comezo campionato principal WSL Junior Tour
10:00h Apertura rampla Skate e Espazo Conciliación do Plan Corresponsables (Xunta de Galicia)
18:00h Fin competición

XOVES 26 DE SETEMBRO DE 2024

JUNIOR PRO RAZO 2024

09:00h Comezo campionato principal WSL Junior Tour
10:00h Apertura rampla Skate e Espazo Conciliación do Plan Corresponsables (Xunta de Galicia)
18:00h Fin competición

VENRES 27 DE SETEMBRO DE 2024

JUNIOR PRO RAZO 2024

09:00h Comezo do campionato principal WSL Junior Tour
10:00h Apertura da rampa de Skate e Espazo Conciliación do Plan Corresponsables (Xunta de Galicia)
11:00h Obradoiro CABREIROÁ x WE – Mural sostible
12:00h Obradoiro CABREIROÁ x WE – Taller de estampación
16:30h Bautismo de Surf
17:00h Obradoiro de sustentabilidade
19:00h Fin da competición

SÁBADO 28 DE SETEMBRO DE 2024

JUNIOR PRO RAZO 2024

09:00h Comezo do campionato principal WSL Junior Tour
10:00h Apertura da rampa de Skate e Espazo Conciliación do Plan Corresponsables (Xunta de Galicia)
11:00h Obradoiro CABREIROÁ x WE – Mural sostible
11:30h Bautismo de Surf
16:00h Fin da competición e entrega de premios

 

PATROCINADORES CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO 2024