
A elite do surf internacional aterra en Ferrol do 24 ao 28 de xuño cun evento único que fusiona deporte, música, medio ambiente e cultura urbana nunha contorna incomparable.
A praia de Esmelle volverá converterse no epicentro do surf e do espectáculo, con cinco días cheos de adrenalina, acción na auga e experiencias inesquecibles. Cada xornada sorprenderá ao público con novas actividades, exhibicións e propostas pensadas para gozar moito máis alá da competición.
Tras o éxito da pasada edición, regresan algunhas das actividades máis destacadas como o Campionato Internacional de Surf, a zona Food Trucks, o Market, os bautismos de surf e a zona Skate co seu xa consolidado Skate Contest. Pero este ano, o festival dá un paso máis alá incorporando importantes novidades que elevarán a experiencia do público e dos participantes.
A arte cobrará un protagonismo especial coa creación dun novo espazo dedicado exclusivamente ás expresións gráficas e visuais. Unha activación innovadora que conectará creatividade, cultura urbana e deporte, integrándose de forma natural na esencia e enerxía do evento.
No apartado deportivo, o campionato volverá situarse no panorama internacional coa celebración dunha proba do circuíto mundial Junior WSL JQS, destinada a surfistas menores de 21 anos, ademais da competición internacional de Longboard LQS, a modalidade máis clásica e elegante do surf.
Como novidade no formato competitivo, este ano desaparecen os trials galegos para a elección das Wildcards. No seu lugar, os primeiros clasificados do Ranking Galego 2025, tanto masculino como feminino, nas categorías SUB-16 e SUB-18, obterán acceso directo á categoría Pro Junior.
O “Gadis Surf Festival Ferrol” continúa consolidándose como un dos grandes eventos sociais e deportivos do verán en Galicia, reunindo milleiros de persoas arredor do mellor surf, da música e da cultura urbana. Unha experiencia única pensada para gozar do deporte e dun ambiente incomparable fronte ao mar.
NOVIDADES GADIS SURF FESTIVAL FERROL

CAMPIONATO DE SKATE EN PARALELO Á COMPETICIÓN
Da man de Volcom, o domingo 28 de xuño ás 16:00h celebrarase unha competición de skate con grandes premios e agasallos.

VAZVA ART DIVISION
Es escultor, tatuador, pintor, deseñador, ilustrador, fotógrafo ou artesán? Buscamos artistas para formar parte do WSL Longboard • Junior QS Gadis Surf Festival Ferrol 🌊
📍 Praia de Esmelle · Camping As Cabazas, do 24 ao 28 de xuño

MARKET CON MARCAS EMERXENTES RELACIONADAS CO SECTOR
Unha infinidade de marcas e experiencias para que non falte de nada





























