Tecnoloxía avanzada para a  telemetría no ABANCA Galicia Classic Surf Pro

O ABANCA Galicia Classic Surf Pro é algo máis que unha proba deportiva. Ao redor do evento preséntanse diferentes escenarios vinculados á música, o lecer e a ecoloxía. 

Con todo, hai que apuntar a achega do Instituto Tecnolóxico de Galicia,  partner tecnolóxico oficial da competición, implementou para a cita de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña) a tecnoloxía necesaria par que por primeira vez, os surfeiros leven un dispositivo integrado en  licra que facilita a organización e que permite medir diferentes parámetros durante a súa participación. 

Están a usar a nova versión da tecnoloxía  Flythings® desenvolta por  ITG analiza 180 parámetros por segundo de forma totalmente automatizada e achega información de valor para o público, o deportista, os xuíces e a organización do  campionato

Que é  FlyThings®?

É a solución de  telemetría para o surf e o deporte profesional desenvolta polo Instituto Tecnolóxico de Galicia ( ITG). Permite medir en tempo real valores relacionados co esforzo, a habilidade e a destreza do deportista durante a competición. 

Consiste nun dispositivo de hardware integrado na  licra que proporciona a organización a todos os surfeiros. Ten un peso de 90 gramos e unhas dimensións de 10x5cm, e contén diferentes sensores que se comunican cun software que representa sobre o sinal de televisión do campionato os valores que alcanza o deportista en cada unha das súas manobras. 

Que mide  FlyThings®?

Datos obxectivos en tempo real que permiten comparar a actuación de cada participante: 

  • a velocidade do surfeiro (instantánea, media e máxima)
  • a distancia percorrida (instantánea e total)
  • a forza  G coa que se realiza cada xiro ou manobra
  • a velocidade de rotación coa que se realiza cada xiro ou manobra
  • o número de ondas  surfeadas e 
  • o número de manobras realizadas

Sobre  ITG

O Instituto tecnolóxico de Galicia ( ITG) é unha fundación privada sen ánimo de lucro que desde 1991 ten como obxectivo mellorar a capacidade competitiva das empresas, organizacións e profesionais a través da I+D+i e tecnoloxía diferencial. Recoñecido oficialmente como Centro Tecnolóxico Nacional, o seu Director Xeral, Carlos Calvo, preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos de España ( FEDIT) desde o ano 2015.

O Internet das Cousas ( IoT),  Bigdata, Industria 4.0, sistemas intelixentes non tripulados, Realidade Aumentada ou Intelixencia Artificial son as ferramentas de traballo de  ITG nos sectores industrial, enerxético, ciclo da auga e edificación, onde é o organismo  certificador en España do selo internacional  BREEAM® de construción sustentable, e  partner oficial do selo internacional  WELL™ de saúde nos edificios.

Deixa un comentario