A Escola de Surf de ABANCA promociona a práctica deportiva durante o evento

Durante todo o evento, a Escola de Surf de ABANCA ofrece ‘Bautismos de surf’, unha actividade que desenvolve o  Beach Club Surf School, que pretende servir como toma de contacto con este deporte e promover a  práctida do surf entre os máis novos. 

Nesta ocasión, puideron vivir esta experiencia tanto convidados como membros de ABANCA, así como da firma Estrela Galicia, e das institucións como Turismo de Ferrol e a Secretaria de  Igualdade da Xunta de Galicia. 

 

Esta iniciativa vén sumarse a outras que veu desenvolvendo a entidade bancaria como as dirixidas ao segmento novo, a través da tarxeta  NX ou da Conta Clara. O banco tamén despregou nas súas oficinas e canles a distancia unha campaña de promoción do ABANCA Galicia Classic Surf Pro.

 

 

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta coa apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario