Espectáculo asegurado para a final do QS/10,000 masculino do ABANCA Galicia Classic Surf Pro

  • A praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña) albergará este sábado (7 de setembro), entre as 17:00 e as 18:00 horas aproximadamente, a manga polo título 
  • Antes disputaranse as rondas de cuartos e semifinal da competición masculina. O evento péchase coa música do ‘Pantín  Soundwave Son’

Espectáculo garantido o que se poderá ver este sábado (7 de setembro) na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña), coa disputa da final do  QS/10,000 masculino do ABANCA Galicia Classic Surf Pro. A organización da cita galega, incluída no circuíto da World Surf  League, prevé que a hora de comezo sexa a partir das 17:00 horas, aproximadamente. 

Antes, desde as 13:00 horas, disputaranse as mangas correspondentes a cuartos de final, que teñen os seguintes emparellamentos:  Jadson  Andre (29º do  Championship Tour ( CT), Brasil) –  Matt  Banting (7º do  QS, Australia); Jake  Marshall (Estados Unidos)    Caleb  Tancred (Australia);  Matthew  McGillivray (Sudáfrica) – Morgan  Cibilic (Australia) e Miguel  Pupo (23º do  QS) –  Nomme  Mignot (Francia).

Miguel Pupo (BRA) /  WSL – Masurel

Os oitavos de final

Durante os oitavos de final, o brasileiro  Jadson  Andre abriu a ronda de oitavos de final cunha notable actuación ante o francés  Timothee  Bisso, logrando o seu pase a cuartos, coa ‘Mellor puntuación acumulada nunha manga’ da competición (17,33 puntos) e facendo unha onda de 9,33 puntos, a segunda mellor do campionato ata a data.  

Pola súa banda, o australiano  Matt  Banting foi capaz de eliminar ao 28ª clasificado do  CT, o brasileiro  Jesse  Mendes, completando unha manga moi regular con dúas ondas 8,33 e 8,00 puntos (16,33 puntos no total).

O estadounidense Jake  Marshall meteuse en cuartos, despois de gañar o seu emparellamento co portugués de  Frederico  Morais. 

As sorpresas déronas o australiano  Caleb  Tancred e o surafricano  Matthew  McGillivray, que resultaron gañadores ante dous dos riders que se perfilaban como candidatos ao triunfo, o brasileiro  Deivid Silva (16º no  CT) e o australiano Jack  Robinson (18º do  QS). 

O australiano Morgan  Cibilic foi o encargado de eliminar ao brasileiro Alex Ribeiro (ex do  CT); mentres que Miguel  Pupo venceu no seu emparellamento co francés Charly Martin, e o galo  Nomme  Mignot gañou ante Miguel  Pupo (Brasil).

O Pantín  Soundwave Son pecha o evento

O Pantín  Soundwave Son servirá como peche do ABANCA Galicia Classic Surf Pro. O escenario Estrela Galicia converterase no centro do entretemento coas actuacións de Mario  Azurza (20:00-23:00 horas) e Rocío  Saiz  dj ( Chillers/ Monterrosa), que poñerán o ritmo e a música nas instalacións da praia de Pantín. 

O resto de áreas do festival como os ‘ foodtrucks’ e as casetas de Estrela Galicia estarán dispoñibles para que os asistentes poidan degustar diferentes tipos de comidas e bebidas.

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta co apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario