loader image
O evento de surf máis importante de España, o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 celebrará este ano o seu 35 aniversario reunindo, un ano máis, aos mellores surfeiros do mundo na costa galega.

Os días 9, 10 e 11 de xullo comezará a acción na praia de Pantín, Valdoviño, coa disputa do Open de Galicia. O primeiro e o segundo clasificado das categorías masculina e feminina obterán os ansiados Wildcards, que abrirán as portas para competir na proba principal.
 
Ademais, do 9 ao 11 tamén terá lugar ABANCA SURF ADAPTADO, que medra na súa terceira edición con case 30 deportistas confirmados de todo o mundo. Co apoio da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, estes deportistas volverán ser un exemplo de esforzo, superación e determinación.
 
E será o día 12 cando comece a 35 edición do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021, pertencente ao circuíto mundial da World Surf League (WSL).