INFORMACIÓN XERAL JUNIOR PRO FERROL 2021

A praia de Doniños, en Ferrol, acollerá a primeira edición do GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021.

A acción comezará o día 22 de xullo cos Trials galegos, que lles abrirán as portas aos dous primeiros clasificados en categorías masculina e feminina ao evento principal. E o día 23 e ata o 25 de xullo terá lugar a competición do Junior Qualifying Series da World Surf League (WSL). 

GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021 reunirá así a máis de 110 surfistas junior internacionais, en categorías masculina e feminina, na praia de Doniños, unha das maiores praias de referencia en Europa para a práctica do surf.

Este ano, as entidades privadas e institucións públicas farán posible o desenvolvemento deste evento, o primeiro da World Surf League (WSL) que se celebra en Ferrol, e que consolida a imaxe de Galicia como destino preferente para o surf e o deporte internacional.

INFORMACIÓN PARA COMPETIDORES JUNIOR PRO 2021

COMO INSCRIBIRSE NO JUNIOR PRO 2021?

  • Para o evento principal WSL deberás inscribirte a través da web worldsurfleague. Podes acceder premendo no botón “Participantes”.
  • Se polo ranking non tes acceso e es galego, podes conseguir un WILCARD nos TRIALS previos á competición.
  • ADAPTIVE SURFING. Para inscribirte no campionato de Surf Adaptado, poderás inscribirte a través de avaibook sport (habilitarase unha ligazón proximamente)

Fai clic no formulario que che corresponda.

EN DIRECTO

Se non podes estar no Gadis Junior Pro Ferrol 2021, vivíneo connosco a través do noso canal en DIRECTO!

CAMPIONS GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021

JANIRE GONZÁLEZ ETXABARRI E ADUR AMATRIAIN CAMPIÓNS DO GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021

Janire González Etxabarri e Adur Amatriain fai historia na praia de Doniños. Surfistas portugueses, Francisca Veselko e Joaquim Chavez subcampións. https://www.youtube.com/watch?v=sO0iw36JIsA Despois dunha xornada na que a expectativa de saber quen gañaría o título non deixou de aumentar, foron Janire González Etxabarri e Adur Amatriain os que se alzaron coa vitoria da primeira edición do GADIS … Read more

0 comments

PATROCINADORES JUNIOR PRO 2021