ALTÍSIMO NIVEL NO ÚLTIMO DÍA DE COMPETICIÓN

  • Pauline  Ado,  Maud Le Car, Teresa  Bonvalot e Nadia  Erostarbe, enfrontaranse nas semifinais.

  • Vasco Ribeiro e Charly  Quivront primeiros clasificados para a semifinal masculina.

Na mañá o último día de competición disputáronse os cuartos de final en categorías feminina e masculina do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020.

As surfeiras francesas están a arrasar no ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020, sendo  Pauline  Ado e  Maud Le Car as primeiras clasificadas para as semifinais.  Pauline, que se enfrontaba á vasca Ariane Ochoa, confesaba que  Ariane foi un rival moi dura de bater, pero a francesa deu todo de si nunha actuación impresionante que a posicionou como unha das favoritas para a vitoria. 

Doutra banda,  Maud Le Car dominou sobre a  portugesa Carolina  Mendes, demostrando que coñece ben a onda de Pantín e que esta determinada a chegar á final.

Na terceira manga enfrontáronse a surfeira portuguesa Teresa  Bonvalot e a francesa  Cannelle  Bulard, ambas as surfeiras de altísimo nivel que conseguiron moi boas puntuacións durante a competición. A Portuguesa conseguiu clasificarse como primeira e ademais obtiña a puntuación final máis alta dos cuartos de final femininos, con 12,57 puntos.

O último enfrontamento da mañá foi entre Nadia  Erostarbe e  Melania Suárez, nunha manga moi rifada debido ao alto nivel de ambas as competidoras, que tiveron que esforzarse ao máximo para conseguir para superar ao seu adversario e facerse coas mellores puntuacións. Finalmente a surfeira vasca Nadia sobrepoñíase á canaria obtendo o último pase ás semifinais.

Na categoría masculina, o portugués Vasco Ribeiro continúa dominando na competición moi boas puntuacións que lle impulsaron ata a semifinal. Ribeiro comentaba que se atopa moi motivado neste último día de competición e que está listo para chegar ata a final.

Os surfeiros franceses Charly  Quivront, Justin  Becret e  Maxime Huscenot continúan avanzando imparables na competición.  Becret admitía que unha vez dentro da auga, o único que importa é a cor da  licra e conseguir as mellores ondas para poder demostrar o teu mellor surf.

Por agora, Charly  Quivront é o segundo clasificado para as semifinais, xa que venceu na súa manga ao inglés Arran  Strong, quen foi outro gran protagonista desta primeira parte da xornada como surfeira revelación desta edición.

Tamén impresionantes hoxe os surfeiros alemáns  Marlon  Lipke e Dylan  Groen, que se enfrontarán ao francés  Maxime Huscenot e o vasco Aritz Aranburu, respectivamente, en busca do pase ás semifinais. Marlon, que onte sufriu unha lesión, segue adiante determinado a conseguir a vitoria. Hoxe fixo unha gran actuación, como el mesmo dicía, elixindo moi ben as ondas para conseguir as máximas puntuacións.

Seguen disputándose os cuartos de final masculina e desde as 15:30h comezará a semifinal en categoría feminina

Deixa un comentario